sábado, 23 de abril de 2016

PARTIDAZO BALONCESTO


Esta mañá xogábase o penúltimo partido da tempada de Baloncesto e que enfrontaba ao equipo da  ACD Policía Local da Coruña,  flamante Campión de Liga, contra o BBVA. O equipo estivo formado por Alex Carreira,  Buji, Fran Carro, Michel Navaza, David  Carballeira, quinteto inicial e para cambios Lago,  Peño; Rico e Rubén.
O primeiro cuarto resultou moi igualado e finalizou cun resultado moi axustado e un punto de diferenza ao noso favor. No segundo cuarto o equipo entrou en barrena e BBVA conseguiu unha vantaxe de 15 puntos, grazas ao xogo que realizaron no seu primeiros 6 minutos e o  desacertado do noso equipo en ataque. Pero o que son as cousas, en tan só catro minutos e cun Alex Carreira, que para entón e co paso dos minutos xa quentara a boneca, a diferenza reduciuse a tan só catro puntos, chegando ao ecuador do partido co marcador en 34-38  a favor de BBVA. No terceiro cuarto o equipo mellorou en defensa e continuou reducindo diferenzas ata poñerse por diante no marcador e aumentar a vantaxe a 8 puntos. O último cuarto tornábase plácido en ademais, o equipo conseguiu recuperar varios balóns en defensa que achegaron contra ataques rápidos con canastra e despois dun intercambio de golpes finalizábase cun marcador final de 73 a 59 ao noso favor.
Gran partido de todo o equipo, aínda que hai que destacar a Alex que anotou, polo menos 7 triplos (menos mal que non se entoou ata os últimos minutos do segundo cuarto, Que Besta?) e a boa achega anotadora de Rubén, o cal unido ao bo facer de todo o equipo en tarefas defensivas, co gran traballo realizado, tratando de achicar os espazos e todas vías de canastra, sobre o  pivot do BBVA, sen dúbida, o mellor xogador que tiñan sobre a pista e que acabou exasperado, fixo posible que o equipo conseguise esta nova vitoria.
PARABÉN a todos  e o mércores a por o Banco Pastor para poder finalizar a liga como invictos.



domingo, 17 de abril de 2016

CAMPIONS DE LIGA


Parabén ao equipo de  Basket por proclamarse campión de liga da tempada 2015/2016, a falta de dous encontros para a súa fiscalización, o que supón toda unha fazaña. Agora quédalles como obxectivo finalizar a liga sen perder ningún encontro.

PARABÉN polo voso traballo e dedicación.

IMOS RAPACES "SODES Os MELLORES!!!!!!"



domingo, 10 de abril de 2016

TEMPORADON

Liga Baloncesto 2015/2016

RankTeamPJGPPFPC+/-Pts
1same(1)E. MUNICIPAIS1311271656215424
2same(2)POLICIA LOCAL1111066150116022
3same(3)BBVA12936285408821
4same(4)INDRA1156532525716
5same(5)NETEX1147471500-2915
6same(6)ANDAINA12111443686-24313
7same(7)BANCO PASTOR927409433-2411
8same(8)OESIA918351464-11310

O equipo da Asociación Deportiva e Cultural da Policía Local continúa imparable na liga e a falta de tres encontros para rematar a mesma, atópanse a unha soa vitoria de proclamarse flamantes campións de liga. Parabén a todo o equipo pola gran tempada que están a realizar e esperemos, ademais, que poidan marcar o  record de finalizar a tempada sen perder ningún encontro, algo que sen dúbida sería un gran  colafón...